Vistas de página en total

21 dic 2016

VISITA DO APALPADOR AO NOSO COLEXIO




FESTIVAL DE NADAL NO NOSO COLEXIO

 

TEATRO POLO NADAL


Trinta e dous nenos e nenas compoñen o Grupo de Teatro Escolar de Celeiro, dirixido polo mestre Vicente Míguez.
Este ano no Festival de Nadal  representarán a obra titulada FAITE DE PAZ.
En catro actos escenificarán mensaxes de paz e solidariedade, bens escasos que sempre se deben fomentar, e moi apropiadamente en tempo de Nadal.
O Obradoiro de Teatro vén ensaiando todos os luns as obras que se representan tamén a fin de curso no colexio e, para os pais, no Centro Sociocultural da Casa do Forno, onde, ao igual que en anos anteriores, o vindeiro domingo 8 de Xaneiro de 2017  participarán nunha representación de carácter solidario.

20 dic 2016

Postal de Nadal para felicitar aos nosos colaboradores




Agasallo do Nadal

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron estes medallóns como recordo da súa promoción e tamén como agasallo de Nadal.

16 dic 2016

Información sobre o Apalpador

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lexendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron un traballo moi interesante 
para aprender cousiñas sobre o Apalpador.

15 dic 2016

Ambientamos o Nadal

Belén realizado con ovos cocidos e decorados polo profesorado do centro e
 polos nenos e nenas de primaria, xunto coas súas familias.

14 dic 2016

Estamos preparando un gran FESTIVAL DE NADAL


CALENDARIO 2016

Xa está rematado o calendario que fixemos para o ano 2017!!!
Este ano estamos a traballar a pintura e dentro dela o estilo impresionista; por iso pareceunos que sería interesante vincular o calendario ao proxecto. Entón cada páxina do mes contén un cadro co seu título e autor e como foto principal a representación do mesmo polo alumnado dos diferentes cursos.
Agora os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso están coa venta dos mesmos, polo que durante estas semanas, ata rematar o trimestre, poden pasar a recoller tanto os reservados como os non reservados ata que se acaben as existencias. Todo o recaudado empregarase para a excursión de fin de curso.


PANXOLIÑAS PARA ESTE NADAL

CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DAS PANXOLIÑAS DESTE NADAL 2016

https://sites.google.com/site/nadal2015pedrosalatas/nadal-2016

9 dic 2016

CERTAME DE POESÍA INFANTIL

Dende a Biblioteca do noso centro poñemos en coñecemento das familias a convocatoria do

  • CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2016" (Fase local)